


Estas ilustracións pertencen á miña primeira incursión no mundo do cómic. Son tres historias e escollín unha de cada; está ambientado na época victoriana e como podedes ver os debuxos levan un trazo mais "sucio" que penso que ía moito mellor coa temática que trataba.
Estou moi satisfeito có resultado estético e de acabado das ilustracións, a historia é bastante orixinal pero son un pouco crítico co guión, teño que traballalo un pouco mais.(sempre hai unha primeira vez para todo) En fin, tan mal non debe estar xa que estou pendente da súa publicación por parte dunha editorial de Santiago, espero que o proxecto vaia para adiante e en breve sexa unha realidade. Xa vos contarei. Un saudo.